×

Notice

Simple Image Gallery Pro Notice: Joomla!'s /cache folder is not writable. Please correct this folder's permissions, clear your site's cache and retry.


- E S T A T U T O S -

 

TITULO I
DENOMINACION, AMBITO E DOMICILIO DA ASOCIACION EN XERAL

Artigo 1º,-
Está constituida na parroquia de Cangas, Concello de Foz, unha Asociación que se denomina “Agrupación Deportiva-Cultural Os Castros de Cangas”, que se rexerá pola Lei 1/2002 de 22 de Marzo, reguladora do Dereito de Asociación, e demais legislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable, dentro do marco da Constitución  e do resto do ordenamento xurídico.

Artigo 2º,-
Son fins de esta Agrupación:
a) Estudio e resolución dos problemas comúns dos asociados, relacionados con medio, tanto local, como rural e a vida social do territorio que asignan os Estatutos.
b) A realización e promoción de actividades culturais e recreativas, nas suas diriferentes formas e manifestacións.
c) Desenrolar actividades fisico-deportivas entendidas na liña do deporte para todos; tamén actividades relativas ó ocio ou do tempo libre.
d) Cantas outras actividades lícitas sexan da conveniencia dos intereses comúns do vecindario.
A Agrupación Deportiva Os Castros, non ten fins lucrativos.

Artigo 3º,-
O Domicilio da Agrupación radicará nos locáis correspondentes do Centro Cívico da súa propiedade.

Artigo 4º,-
A Agrupación desenvolverá as suas actividades dentro do ámbito territorial de Cangas, a súa duración sera indefinida, e solo disolverase, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresa en Asamblea Xeral convocada ó efecto e por calquera das causas previstas nas leis así como por sentencia xudicial firme.

Artigo 5º,-
A Xunta Directiva, como órgano de representación da asociación, será competente para interpreta-los preceptos contidos nos Estatutos, someténdose en todo momento a normativa legal vixente en materia de Asociacións.

 

TITULO II
DOS ORGANOS DIRECTIVO E DA FORMA DE ADMINISTRACION

 

Artigo 6º,-
A Dirección e Administración da Agrupación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.

Artigo 7º,-
O Presidente da Agrupación, que será tamén da Xunda Directiva, asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.

Artigo 8º,-
A Xunta Directiva é o órgano de representación que xistiona e representa os intereses da Agrupación, de acordo coas disposións e directivas da Asamblea Xeral. Estara formada, polo menos, por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Vicesecretario, un Tesoreiro e dous vocais.
Solo poderán  formar parte da Xunta Directiva aquelas persoas que ostenten a condición de asociados, que sexan mayores de idade, teñan o pleno uso dos dereitos civís e no estean incursoso nos motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

Artigo 9º,-
Os cargos que compoñen a Xunta Directiva elixiranse pola Asamblea Xeral, entre tódalas candidaturas que se presenten con unha lista cerrada de oito socios e dos suplentes, resultando elegida de entre todas elas aquela que obteña mais votos, tras un previo proceso no que se fará a presentación de cada unha delas e do seu programa de goberno pola persoa que a encabece. En todo caso nas candidaturas presentadas á Xunta Directiva deberán estar perfectamente determinados e distribuídos os distintos cargos da mesma entre os seos integrantes.
Os cargo da Xunta Directiva durarán un periodo de 4 anos.

Artigo 10º,-
Os membros da Xunta Directiva non percibirán retribución polo cargo desempeñado.

Artigo 11º,-
E función da Xunta Directiva, programar e dirixi-las actividades sociais e leva-la xestión administrativa e económica da Agrupación, someter á aprobación da Asamblea Xeral o presuposto anual de gastos e ingresos, así como o estado de contras do ano anterior.

Artigo 12º,-
A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente, a iniciativa propia ou a petición de polo menos tres dos seus compóñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia polo Vicepresidente, e a falta de ámbolos dous, polo membro da Xunta Directiva que teña máis idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados por maioría de votos dos asistentes, sendo precisa a concurrencia, polo menos da metade máis un dos seos membros, incluido o Presidente e o Secretario ou quen estatutariamente os substitúan. Das sesións o Secretario, ou no seu defecto, o Vicesecretario, levantarán acta, que se transcribirá o Libro de Actas.

Artigo 13º,-
Os membros da Xunta Directiva presidirán as Comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de demandar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas Comisións o número de Vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seos respectivos Presidentes.

Artigo 14º,-
O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades asiganadas no Art. 7º, as seguintes atribucións:
a) Convocar e levanta-las sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral, dirixi-las deliberacións de unha e outra, decindo con voto de calidade no caso de empate.
b) Propoñe-lo plano de actividades da Asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c) Ordena-los pagamentos acordados validamente.
d) O Presidente estará asistido nas súas funcións polo Vicepresidente, que ademais o substituirá no caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 15º,-
O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará  o Libro de Rexistro  de Socios, que será o mesmo da Comunidade de Montes do Real, Rañadoiro e Agudo, máis os familiares dos comuneiros nos termos que señala o artigo 27º, párrafo primeiro. De tódolos outros posibles socios deberá levar un rexistro particular. Tamén terá o seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Auxiliarao nas súas funcions e substituirao nas ausencias o Vicesecretario.

Artigo 16º,-
O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertenecentes a Asociación e dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente. Así mesmo, formalizará o presuposto anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas de ano anterior , que deben ser presentadas á Xunta Directiva, para que esta a súa vez, os someta á aprobación da Asamble Xeral.
Artigo 17º,-
Cada un dos compoñentes da Xunta Directiva, terá os deberes propios do seu cargo, así como os que nazan das delegacións ou comisións que a propia Xunta lle encomende.
Incumbirá de maneira concreta ó Secretario, no seo caso, ó Vicesecretario, velar polo cumprimento das disposicións legais vixentes en materia de Asociación, custodiando a documentación oficial da entidade e facendo que cursen a Delegación Provincial da Consellería de Xusticia, das comunicacións sobre designación da Xunta Directiva, celebración de Asambleas Xerais, formalización do estado de constas e aprobación dos presupostos anuais.

Artigo 18º,-
A Asamblea Xeral, é o órgano supremo de goberno da Agrupación, integrada polos asociados, que adopta os seos acordos polo principio maioritario ou de democracia interna, e que reunirase sempre que o acorde a Xunta Directiva, por propia iniciativa ou polo que acorde a décima parte dos seos asociados.
Obligatoriamente a Asamblea Xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria polo menos unha vez o ano, para aproba-la xestión da Xunta Directiva, aprobar, no seu caso, os presupostos anuais de ingresos e gastos, así como o estado de contas correspondentes ó ano anterior e candas outras se  someterán á votación no capítulo de rogos e preguntas.

Artigo 19º,-
A Asamblea Xeral convacarase pola Xunta Directiva, con carácter extraordinario, cando o esixa as disposicións vixentes, o acorden os membros da Xunta Directiva ou o solicite un número de asociados non inferior o dez por cento, e en todo caso para a modificación dos Estatutos, así como para elixi-los membros da Xunta Directiva, disposición ou alleamento de bens, determinación das retribucións dos membros da Xunta Directiva, disolución da Asociación, expulsións de asociados a proposta da Xunta Directiva, aprobación de regulamento de réximen interno da asociación, e a solicitude de Declaración de Utilidade Pública. Tamén é da súa competencia a Constitución de Federacións, Confederación ou Unións ou a súa integración nelas.
 
Artigo 20º,-
As convocatorias das Asambleas Xerais, tanto Ordinarias como Extraordinarias, serán feitas por escrito e exportas nos lugares públicos tradicionales da parroquia, incluindo o taboleiro de anuncios da Agrupación no Centro Cívico, expresando o lugar, data e hora da reunión, así como a orde do día. Para darlle a garantía de suficiente publicidade poderán utilizarse cántos outros medios se vexan oportunos: megafonías, anuncios en prensa, cartas personáis, etc. Entre a primeria convocatoria e o día da reunión deberán mediar polo menos quince días naturais; a segunda convocatoria realizarase media hora máis tarde da primeira.
Así mesmo incluiranse na orde do día das convocatorias aqueles asuntos propostos po un número de asociados da asociación non inferior o dez por cento, que as presentarán perante o Secretario da Xunta Directiva cunha antelación mínima de sete días á celebración das sesións das Asambleas Xerais.
Artigo 21º,-
A convocatoria da Asamblea Xeral extraordinaria de modificación dos Estatutos da asociación estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de sete días para que calquer asociado poida dirixir o Secretario as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asamblea e serán entregadas cunha antelación mínima de tres días á realización da mesma.

Artigo 22º,-
A Asambleas Xerais Ordinarias ou Extraordinarias, quedarán validamente constituídas en primeira convocatoria, cando concurran a elas, presentes ou representados, a metade máis un dos asociados, e en segunda convocatoria cando asitan a décima parte dos mesmos.

Artigo 23º,-
Os acordos da Asamblea Xeral adoptaranse por maioría simple das persoas presentes ou representadas, cando os votos afirmativos superen ós negativos. Non obstante, requerirán maioría cualificada das dúas terceiras partes das persoas presentes ou representadas, os acordos relativos á disolución da asociación, modificación dos Estatutos, disposición ou alleamento de bens e remuneración dos membros do órgano de representación.

Artigo 24º,-
A Xunta Directiva resérvase o dereito de decisión, sobre situacións non contempladas nestes Estatutos, sempre que non sexan incompatibles coas xa axistentes e non estean en contradicción coa Lei vixente reguladora do dereito de asociación e damais disposicións regulamentarias que a desenvolven.

Artigo 25º,-
Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Agrupación poderán ser recorridos en reposición perante a Asamblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xuriscición ordinaria.

Artigo 26º,-
A Agrupación disporá dunha relación actualizada dos seos asociados, levará unha contabilidade que reflicta a imaxe fial do patrimonio, do resultado e da situación financieira da entidade, así como as actividades realizadas, efectuará un inventario dos seos bens e recollerá nun libro de actas as reunións da Asamblea Xeral e da Xunta Directiva.

 

TITULO III
DOS ASOCIADOS, DEREITOS E OBRIGAS.

 

Artigo 27º,-
Son socios da Agrupación tódolos que ostenten a condición de comuneiro da Asociación de Montes en Man Común do Real Rañadoiro e Agudo de Cangas. Tamén seran socios e ostentarán a capacidade de disfrute dos servicios de esta Agrupación todolos membros maiores de edade da unidade familiar dos comuneiros, e as  persoas que habitualmente convivan e dependan de ditos comuneiros; tamén terán a condición os descendentes en primeiro e segundo grado, así como os seus respectivos cónxuges, inda que teñan fixada a súa residencia habitual fora de Cangas-Foz.
Poderán ser membros da Asociación, de forma accidental por períodos renovables dun ano, as persoas físicas ou as persoas xurídicas veciñas de Cangas, legalmente constituídas, sexan estas públicas ou privadas, que dalgunha maneira teñan intereses en servir os fins da mesma e sexan admitidos pola Xunta Directiva, a cal poderá outorga-lo nomeamento de membro honorario ás persoas que estime oportuno, a titulo meramente honorífico, sen que iso leve consigo a condición xurídica de asociado.
As persoas físicas deberán ter capacidade de obrar e non estarán suxeitas a ningunha condición legal para o exercicio do dereito. Os menores non emancipados de máis de catorce anos necesitarán o consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deban de supli-la súa capacidade.
As persoas xurídicas de naturaza asociativa requerirán, para formar parte da asociación, o acorde expreso do seu órgano competente e as de naturaza institucional o acordo do seu órgano rector.

Artigo 28º,-
Aquelas persoas que desexen pertenecer á Asociación, solicicitarano por escrito ó Presidente, o cal dará conta á Xunta Directiva, que resolverá sobre a admisión ou inadmisión do asociado con recurso perante a Asamblea Xeral.

Artigo 29º,-
Os asociados poderán solicita-la sua baixa na Asociación voluntariamente, en calquer tempo, pero isto nos lle eximirá de satisface-las obrigas que teñan pendentes con ela.
A Xunta Directiva poderá separar ou expulsar da Asociación a aqueles asociados que os fagan indignos de seguir pertenecendo á mesma, así como adoptar calquera outra medida disciplinaria contra aqueles. A separación ou expulsión, así como calquera outra medida disciplinaria adoptada, será precedida de expediente no que deberá ser oído o interesado, o cal será informado dos feitos que dean lugar a tales medidas, debendo ser motivado o acordo que, no seu caso, impoña sanción. Este acordo en todo caso deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral, e contra súa resolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.

Artigo 30º,-
Os asociados terán os seguintes dereitos:
a) Participar nas actividades que promova a Asociación e nos actos sociais que organice para tódolos asociados.
b) Gozar de tódalas ventaxes e beneficios que a Asociación poda obter.
c) Asistir e ejercitar-lo dereito de voz e voto nas Asambleas Xerais. En todo caso cada asociado que sexa persoa xurídica terá dereito a un solo voto.
d) Ser nomeado membro da Xunta Directiva, na forma que prevén os Estatutos.
e) Ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.
f) Ser informado sobre a composición da Xunta Directiva da asociación.
g) Que se poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
h) A impugna-los acordos dos órganos da asociación que estime contrarios a lei e ós Estatutos.

Artigo 31º,-
Os asociados poderán ser sancionados pola Xunta Directiva por infrínxi-los presentes Estatutos, ou os acordos da Asamblea Xeral ou a propia Xunta Directiva. As sancións poden comprender desde a suspensión dos seus dereitos durante un mes, ata a separación definitiva da Asociación, nos mesmos termos que prevén o artigo 29º.

Artigo 32º,-
Serán obrigas de tódolos asociados:
a) Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a consecución das mesmas.
b) Observar unha boa conducta individual e cívica.
c) Acata-los presentes Estatutos e os acordos validamente adoptados pola Asamblea Xeral.
d) Aboa-las cotas periódicas, derramas e outras contribucións que acorde a Asamble Xeral.
e) Desempeñar fielmente as obrigas inherentes ó cargo que desempeñen.
f) Cumpli-lo resto de obrigas que resulten destes Estatutos.

 

TITULO I V
DO REXIMEN ECONOMICO E DA DISOLUCION DA ASOCIACION

 

Artigo 33º,-
A Asociación tén uns fondos propios de 169.594m10 Euros, segundo se despende do Balance de Situación a 31.12.2003 – valorando os Activos a precio de adquisición o que así consta no inventario de bens da mesma-, do cal se incorpora copia nos presentes Estatutos, último aprobado en Asamblea Xeral Ordinaria de data 21.03.2004; e o seu presuposto anual, será o que se determine a principios de cada ano pola Asablea Xeral.
Artigo 34º,-
A data de peche do exercicio económico da asociación será a de 31-12, e as contas da asociación serán aprobadas anualmente pola Asamblea Xeral, polo que deberán ser postas públicamente a disposición dos asociados durante un prazo non inferior ós quince días ó sinalado para a celebración da referida Asamblea Xeral.

Artigo 35º,-
Os recursos económicos previstos para o desenvolvemento das actividades sociais serán os seguintes:
a) Hasta o ano 2019 e mentras dure o contrato otorgado pola Comunidade de Montes do Real, Rañadoiro e Agudo de Cangas e, ante Ceasa e agora Norfolk, segundo se desprende da disposición adicional primeira nos Estatutos da devandita Comunidade de Montes, é ista A.D. Os Castros obra de interés comunitario e fin social anualmente determinado da Comunidade de Montes que destina parte dos seus fondos para a financiación da mesma e o pago das deudas con entidades de crédito mentras non esteñan completamente saldadas.
b) As cotas periódicas que acorde a Asamblea Xeral.
c) As cotas extraordinarias que a propia a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asamblea.
d) Os productos dos bens e dereitos que lle correspondan, así como as subvencións, legados, doazóns que poda recibir de forma legal.
e) Os ingresos que obteña a Asociación mediante o ejercicio de actividades económicas lícitas que acorde realiza-la Xunta Directiva, incluidas as prestacións de servicios por alquileres de locales ou outros, deberán destinarse exclusivamente ó cumprimento dos seus fins estatutarios.

Artigo 3º,-
A administración dos fondos da Asociación, levarase a cabo, sometida á correspondente información e intervención e coa publicidade suficiente, a fin de que tódolos asociados poidan ter coñecemento periódicamente do destino dos fondos, sen prexuízo do dereito consignado a este respecto no apartado g) do artigo 30º destes Estatutos.

Artigo 37º,-
A Agrupación non é responsable frente a accidentes que poidan sufrir os socios ou invitados como consecuencia da práctica de calquer deporte ou asistencia a calquer actividade recollida nos seus fins estatutarios, nos terreos ou nas instalacións da súa propiedade, tanto nas persoas  como nas cousas. Nembargantes a Xunta Directiva poderá concertar unha póliza de responsabilidade civil que cubra esta responsabilidade e calquer outra sempre que conte coa cobertura presupuestaria para tal fin.



Artigo 38º,-
No caso de disolverse a agrupación, a Asamblea Xeral que acorde a disolución, nomeará unha Comisión Liquidadora, composta por o Presidente o Tesoureiro e de tres a cinco membros designados pola Asamblea Xeral, a cal farase cargo dos fondos que existan, para que, unha vez satisfeitas as obrigas, o remate, se o houbera, sexa entregado por este orden a: AAVV de Cangas, a Comunidade de Montes en Man Común do Real, Rañadoiro e Agudo de Cangas; ou a calquer entidade legalmente constituida con domicilio en Cangas, que se dedique a iguais, ou no seo defecto análogos fins, que esta asociación; ou a unha O.N.G. nacional de carácter seglar, de axuda o terceiro mundo.
Así mesmo, no caso de insolvencia da asociación, a Xunta Directiva, ou se e o caso, os liquidadores nomeados pola Asamble Xeral, promoverán de inmediato o oportuno procedemento concursal perante o xuiz competente.

En proba de conformidade con presente proxecto de Estatutos, asinan tódolos membros da Xunta Directiva da Agrupación Deportiva que se propón.
En Cangas a dezaseis de Maio de dous mil catro.

Grupo de teatro Batan, nace en el seno de la Asociación de Vecinos en el año 2009 dirigido por el dramaturgo de la mariña de Lugo Francisco Piñeiro, el que escribe todas las obras que hasta el momento llevan representadas.

Los componentes fundacionales del grupo son: Eugenio González, Luisa Prieto, Isabel Ares, Hortensia Casas, Nieves Santamarina, Jorge Blanco, Luis González y Roberto, uniéndose en el año 2013 a los componentes del grupo, Lydia Seco, Melisa Orban y ¿?

Dentro de sus obras representadas destacan:

LA CAIDA DEL IMPERIO:

A FORZA DOS SOÑOS:

APARIENCIAS:

AS VERBAS DO RAMOS:

CAMBADELAS:

REITERACTIVOS:

 

BREVE HISTORIA DEL GRUPO DE TEATRO O BATAN

Este grupo de teatro nace na Parroquia de Cangas do Concello de Foz en febreiro do 2009 da man dun grupo de amigos para facer realidade un soño colectivo chamado TEATRO.

No verán do 2009 participamos na Semana de Teatro do Concello de Foz, e fixemos actuacións por distintos concellos da provincia de Lugo. A partir de entón e durante todo ano 2010 foi cando de verdade o grupo de teatro O BATAN fai o seu despegue definitivo no mundo do teatro afeccionado facendo o longo deste ano mais dunha ducia de actuacións.

A experiencia mais importante durante o ano 2010 foi a participación por primeira vez no PROXECTO TEATRAL BUXIGANGA, co obra “A CAIDA DO IMPERIO” de Francisco Piñeiro, colleitando un grande éxito aló por donde fumos a representala.

A nosa segunda obra (APARENCIAS) tamén de Francisco Piñeiro  estreámola en Cangas de Foz en Xullo do 2010 e con ela participamos no PROXECTO TEATRAL BUXIGANGA 2011, ademais de representala noutros Concellos da Provincia de Lugo. Tamén participamos na Mostra Internacional de Teatro de Palas de Rei.

No verán do 2011 facemos A FORZA DOS SOÑOS igual que as anteriores de Francisco Piñeiro, estreámola na Semana do Teatro de Foz 2011, e con ela participaremos de novo no PROXECTO TEATRAL BUXIGANGA 2012. Estivemos tamén  na Mostra Internacional de Teatro de Palas de Rei, é  no Festival de Teatro Cómico Vila de Sarria.

No ano 2012 estreamos o noso cuarto traballo “CAMBADELAS” tamén na Semana do Teatro de Foz, logo ante o noso público en Cangas é o longo do ano por distintos Concellos e parroquias da Provincia de Lugo, e tamén de Asturias. Con esta obra participamos no PROGRAMA BUXIGANGA, PROXECTO TEATRAL 2013.

Durante o mes de xullo e parte do de agosto do 2013 empezamos a preparar a nosa quinta peza teatral,  que igual que todas as anterior foi escrita por Francisco Piñeiro, e que leva por titulo “RETIRACTIVOS” e contando co inestimable dirección de María Paz Rodríguez Silva, fixemos a estrea na Semana de Teatro de Foz , logo diante os nosos veciños de Cangas en Outubro do 2013, e con esta peza será co que participemos no PROXECTO TEATRAL BUXIGANGA 2014.

Saúda

A comunidade de montes Real, Rañadoiro e Agudo, desexa saudar a todos os usuarios de ésta web, e convidalos a visitar éste website regularmente, para manterse informados con respecto á nosa comunidade

 

Historia

A Comunidade de Montes de Cangas, Real, Rañadoiro e Agudo, foi constituida sendo presidente D. José Villar Rico.

 

Page 6 of 7

Entidades Colaboradoras

Autos Morán Frenos Carpe Asesoría y Consultoría Asel CostaInnova

Contacto Centro Social

Mail: info @ cangasfoz.com

Tfno:  982 135 635

Vilachá - Estrada da Igrexa, S/N

27892 Cangas - Foz (Lugo).